Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29242

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Enfermaría de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno.

Acordo da Academia de Enfermaría de Galicia en reunión que tivo lugar o 4 de abril de 2018.

A Xunta Plenaria Extraordinaria da Academia de Enfermaría de Galicia, en uso das facultades que ten atribuídas na disposición transitoria segunda e en concordancia co disposto no artigo 16 dos seus estatutos (DOG núm. 199, do 17 de outubro de 2013), en reunión que tivo lugar o día 4 de abril de 2018, acordou a convocatoria de eleccións a Xunta de Goberno.

A elección dos membros da Xunta de Goberno será por votación persoal, directa e secreta dos académicos de número reunidos en Xunta Plenaria, que se convocará na forma determinada estatutariamente para ese efecto.

As candidaturas deben estar compostas por un total de oito membros, que deberán presentarse en listas pechadas e completas, con expresión de todos os cargos, segundo o modelo que figura no anexo, aprobado para ese efecto. O prazo para a presentación das candidaturas será de quince (15) días naturais desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de mayo de 2018

Ascensión Pérez Sampayo
Presidenta da Academia de Enfermaría de Galicia

Candidatura á Xunta de Goberno da Academia de Enfermaría de Galicia

De acordo co artigo 16 dos estatutos da Academia de Enfermaría de Galicia preséntase a seguinte candidatura constituída por académicos de número e con expresión de todos os cargos da Xunta de Goberno:

Nome

Apelido

Apelido

Cargo

Sinatura

Presidente

Vicepresidente 1º

Vicepresidente 2º

Secretario xeral

Vicesecretario

Tesoureiro

Vicetesoureiro

Bibliotecario

Asdo.: o responsable da candidatura

Recibida o............ de...............

das............ ás............horas

e canditato a presidente

Asdo.: o secretario xeral