Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 220/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 220/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Beatriz Lorenzo Blanco contra a empresa Thenaisie Provote, S.L., sobre seguridade social, se ditou a Sentenza do 12 de marzo de 2018, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Thenaisie Provote, S.L.,en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza