Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 29021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por acordo do Pleno do 22 de marzo de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, someteuse a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte da súa publicación no DOG núm. 74, do 17 de abril de 2018.

De acordo co solicitado pola Dirección Xeral de Urbanismo, unha vez engadidos expresamente os documentos «estudo ambiental estratéxico» e «resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico», apróbase inicialmente de novo o documento completo por acordo do Pleno do 31 de maio de 2018, volvendo, así, a someterse a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://sede.cabana.gal/es/).

Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas pola suspensión son as que se determinan no informe e plano de suspensión de licenzas elaborados polo equipo redactor denominado «Ámbito de suspensión de licenzas».

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Cabana de Bergantiños, 31 de maio de 2018

José Muíño Domínguez
Alcalde