Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e o estudo de impacto ambiental da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, situada nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1).

Por Acordo do 14 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (en diante, a Xefatura Territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II. O citado acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de setembro de 2017, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 21 de agosto e no xornal La Voz de Galicia do 29 de agosto.

Mediante a corrección de erros do Acordo do 14 de agosto de 2017, da xefatura territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e o estudo de impacto ambiental da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II. A citada corrección de erros do acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de outubro de 2017, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 5 de outubro e no xornal La Voz de Galicia do 10 de outubro.

O citado acordo e a súa corrección de erros permaneceron expostos ao público nos taboleiros de anuncios do Concello de Zas, do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña e da xefatura territorial durante 30 días hábiles. Así mesmo, o citado acordo e a súa corrección de erros permaneceron expostos ao público nos taboleiros de anuncios do Concello de Cabana de Bergantiños e do Concello de Laxe durante 20 días.

Para os efectos previstos no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, introducida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitude: a autorización administrativa previa, de construción, e o estudo de impacto ambiental.

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

Denominación: liña eléctrica de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Concellos: Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Características técnicas:

• LMT a 20 kV, de 8.518 m, con orixe no CS do PE Pena Forcada-Catasol II proxectado (concello de Laxe) e final na ET PE Pena Forcada Catasol proxectada (concello de Cabana de Bergantiños). Esta liña divídese en 3 tramos:

1. LMTS a 20 kV S/C, de 40 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm2 Al, con orixe no CS do PE Pena Forcada-Catasol II proxectado e final no apoio número 1 (PAS) proxectado.

2. LMTA a 20 kV S/C e D/C, de 8.448 m, condutor tipo LA-280 Al, con orixe no apoio número 1 (PAS) proxectado e final no apoio número 37 proxectado. Desde o apoio número 33 (PAS) a liña pasa a ser de dobre circuíto (D/C), correspondendo este á LMTS de evacuación proxectada (IN407A 2017/046-1) do PE Mouriños proxectado (IN661A 2011/010-1).

3. LMTS a 20 kV D/C, de 30 m, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm2 Al, con orixe no número 37 proxectado e final na SET PE Pena Forcada Catasol proxectada.

• LAT a 66 kV D/C, de 92 m, condutor tipo LA-180 Al, con orixe (E/S) nos pórticos de amarre do parque de 66 kV da SET PE Pena Forcada Catasol proxectada e final número 78 da LAT Cabana-Vimianzo de UFD.

• SET PE Pena Forcada Catasol do tipo PASS/GIS, cun transformador de potencia de 20 MW, un parque de 20 kV e outro de 66 kV con dúas posicións E/S.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Proxecto de interese especial: o 21 de decembro de 2017, o Consello da Xunta declarou de interese especial o proxecto desta instalación eléctrica, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións e o estudo de impacto ambiental.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 15 días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución. Poderán examinar toda a documentación na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña) ou nos concellos de Laxe (avenida Cesáreo Pondal, 26, 15117 Laxe), de Cabana de Bergantiños (A Carballa, s/n, 15115 Cabana de Bergantiños) e de Zas (praza do Campo, 1, 15850 Zas).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas