Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28905

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación nesta dirección xeral e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 das bases reguladoras da orde, publícanse as bolsas concedidas por Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 9 de maio de 2018, relacionadas no anexo I.

Norma reguladora: Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

Crédito orzamentario: 59.200 euros.

Aplicacións orzamentarias: 2018.09.30.751A.480.0, «formación en materia de comercio», e 2018.09.30.751A.484.0, «cotas sociais para formación en materia de comercio».

Finalidade: que as persoas que tivesen unha titulación universitaria de licenciatura ou de grao complementasen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permitise afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO I

Relación de persoas propostas para a concesión das catro bolsas
de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Orde

Solicitante

Nº de expediente

1

Eva Regina Campos Fernández

IN225A-2018-036

2

Beatriz Abal Rodríguez

IN225A-2018-024

3

Verónica Piñeiro Soliño

IN225A-2018-023

4

Plácida Sieira Martínez

IN225A-2018-009

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que poidan producirse por non aceptación ou renuncia dalgunha
das bolsas concedidas

Orde

Solicitante

Nº de expediente

1

Silvia Mesías Martínez

IN225A-2018-038

2

Paula Lorenzo Carballal

IN225A-2018-041

3

José Luis López Sueiro

IN225A-2018-027

4

Paula González López

IN225A-2018-040