Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do primero contrato derivado, correspondente ao lote 1: terminais portátiles, do acordo marco de subministración de terminais Tetra de radiocomunicación para o acceso aos servizos da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridades de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.4, obxectivo específico 6.4.1 e actuación 6.4.1.2.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 48/2017 PN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=283430

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de terminais portátiles Tetra de radiocomunicación para o acceso aos servizos da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: contrato baseado nun acordo marco.

4. Valor estimado do contrato: 171.136,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 171.136,00 €. Importe total: 207.074,56 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2018.

c) Adxudicatario: Zenon Digital Radio, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 145.600,00 €. Importe total con IVE: 176.176,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018.

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio