Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 29002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de maio de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de danos ao dominio público viario 249/2017-CO.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do último día do prazo fixado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 28 de maio de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 249/2017-CO.

Persoa interesada: Gueye Lo Khadim.

DNI/NIF.: ...751W.

Acto adoptado: acordo de inicio.