Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 15/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 15/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Nicanor Fuentes Formoso contra Galisec, S.L. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., sobre ordinario, se ditou o Auto do 5 de febreiro de 2018, contra o cal se pode recorrer en reposición no prazo de tres días, que está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Galisec, S.L. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza