Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia no procedemento de expulsión dun curso AFD.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Intentada a notificación persoal a Mohamed Bouzed Sidi, no domicilio que consta nos nosos arquivos sen que se puidese efectuar, notifícaselle un escrito mediante o cal se lle concede trámite de audiencia no procedemento de expulsión do curso AFD 2017/102416.

En vista do anterior, notifícase o expediente para os efectos de que, nun prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, que comezará a contar desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, formule alegacións e presente os documentos e as xustificacións que xulguen pertinentes. Para estes efectos poderá ter constancia do contido íntegro do acto nas dependencias do Servizo de Orientación e Promoción Laboral da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria e comunicaráselle que, de non o facer no prazo indicado, a notificación se entenderá producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 31 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña