Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 24/2018, interposto por Jesús Rodríguez Anllo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 24/2018, interposto por Jesús Rodríguez Anllo contra a Resolución do 12 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna, pola que se dá publicidade a diversos acordos relacionados co segundo exercicio da fase de oposición, entre eles as puntuacións acadadas polos aspirantes; o Acordo do 28 de febreiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, polo que se desestiman as alegacións presentadas polo interesado no seu escrito do 2 de xaneiro de 2017; a Resolución do 18 de maio de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola que se dá publicidade a diversos acordos, entre eles a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo; a Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, e a Resolución do conselleiro de Facenda, do 16 de novembro de 2017, pola que se desestiman os recursos de alzada interpostos polo señor Rodríguez Anllo contra as referidas resolucións.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública