Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de maio de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. para a ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima, no porto de Ribeira.

A empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Ribeira con destino a ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima, no porto de Ribeira, nunha parcela de 1.500 m², segundo documentación técnica consistente no proxecto básico e de execución titulado Concesión para a descarga de túnidos, mediante o posicionamento de contedores reefer, no porto de Ribeira (A Coruña), redactado en maio de 2018, polo enxeñeiro industrial Manuel Vidal López e polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Javier Enríquez Fernández.

En cumprimento do disposto no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.gal

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia