Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28561

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e no ordinal quinto da Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 85, do 3 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85, do 3 de maio).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.es.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendaren o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

A Estrada, 1 de xuño de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Blanco Fernández, José Antonio

1

Casal Vidal, Manuel

2

Castro Núñez, Manuel

3

Díaz Rifón, Jorge Juan

3

García Castiñeira, Francisco

1

García Rodríguez, Víctor

2

Jorge González, Juan

1

Konate, Mamadou

1

Román López, Yerai

2

Santos Bóveda, Juan Carlos

2

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

O importe ingresado da taxa é inferior ao requirido