Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía II, no concello de Muxía (expedientes IN6661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 30 de maio de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expedientes: IN6661A 2004/9-1 e IN661A 2007/2-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación das instalacións: parque eólico Muxía I e parque eólico Muxía II.
Concello: Muxía.
Predio |
Lugar |
Titularidade |
503 |
Agra Nova |
Caridad Louzán Rodríguez |
903 |
Prado de Serra |
Francisco Rodríguez Vázquez |
1113 |
Trozo da Croa |
Mª Elena Rodríguez Touriñán |