De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de baixa na sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 15 de maio de 2018
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución de baixa na sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
51172 |
María Dolores Moure Rodríguez |
...767J |
52301 |
Chamin Ben Mohamed Ahmed |
...660F |
60481 |
Eva Domínguez Pérez |
...706J |
62494 |
Lidia López Mielia |
...009M |
64571 |
Ruth Motos Borja |
...351N |