Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, polo que se notifica un acto administrativo relativo ao expediente sancionador 2018005TA-CO por infracción en materia sanitaria.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio deste anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Mª José Diéguez Carreira (Bazar Tokio) o contido do acto administrativo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2018005TA-CO.

Interesada: MªJosé Diéguez Carreira (Bazar Tokio).

Documento de identificación: 32446484Q.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Fleming, s/n, 15005 A Coruña.

Acto que se notifica: carta de pagamento polo importe de trescentos sesenta euros con sesenta céntimos (360,60 €), unha vez aplicada a redución do 40 %.