Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28376

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se anula e se deixa sen efecto o cuarto prazo de solicitudes da convocatoria de 2018 das axudas reguladas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 382278.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Anúlase e déixase sen efecto o cuarto prazo de presentación de solicitudes –desde o 11 de xuño de 2018 ata o 31 de xullo de 2018– da convocatoria de 2018, establecido no punto segundo do resolvo da Resolución do 29 de xaneiro de 2018, publicada no DOG núm. 20, do 29 de xaneiro, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica