Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica unha resolución de perda do dereito ao cobramento (expediente 17270086/2016).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución de perda do dereito ao cobramento do expediente 17270086/2016 (Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O interesado poderá coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal (rúa San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Se non comparece no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Contra a resolución poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos prazos computaranse desde o día seguinte ao da notificación desta resolución e sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: 17270086/2016.

Interesado: Manuel Ángel Jové Losada.

Acto que se notifica: resolución da perda do dereito ao cobramento do expediente 17270086/2016.

Último domicilio coñecido: rúa Estocolmo, nº 7, A Zapateira, 15008 A Coruña.