Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo 1 recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 30 de maio de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/1238-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: anexo 1 recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera.
Concello: Oleiros.
Predio |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
5 |
Descoñecida |
31.5.2018 |