Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT GON815 CT Cruceiro-Baíña, no concello de Baiona, do que resulta beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2017/569-4).

A instalación denominada LMT GON815 CT Cruceiro-Baíña, no concello de Baiona, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. Ten a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 3 de outubro de 2018, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Baiona.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 18 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT GON815 CT Cruceiro-Baíña-Baiona

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

nº apoio

m2 chan

ml solo

m2 aéreo

m2 subsolo

Concello

1

Crucero

Labor

Fermín Peralba Pousa y Josefa Penedo Carrizo

CT

16,81

-

-

7,64

Baiona

2

Barreira

Labor

Descoñecido

1

2,1

0,085

148,9

-

Baiona