Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0076/2018-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de maio de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0076/2018-V.

Denunciado: José Gerardo Cores Martínez.

Acto de notificación: acordo de inicio.