Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Víctor Pariente Contreras.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 36/2018 (procedemento abreviado), interposto por Víctor Pariente Contreras contra a Resolución do 29 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos deste organismo (categoría: celador/a) (DOG núm. 228, do 30 de novembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S. (Artigos 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d), Orde do 5.7.2012)
María Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal