Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28146

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, de varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

Por Resolución do 9 de setembro de 2016 (DOG núm. 187, do 30 de setembro) convocáronse para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación á que se fai referencia na base sétima, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2016 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140 , do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar desertos os postos de xefatura de Sección de Pediatría no Complexo Hospitalario de Ourense ao non concorrer aspirantes.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os profesionais nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 21 de maio de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular.

Nome e apelidos: Nilo Javier Mosquera Arochena.

DNI: *****6157S.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Cardioloxía.

Nome e apelidos: Elvira Blanco Labrador.

DNI: *****6954X.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Nome e apelidos: Francisco José Pombo Taboada.

DNI: *****028A.

Denominación do posto: xefe/a de Sección de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: José Manuel Domínguez Carrera.

DNI: *****089W.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación.

Nome e apelidos: Xoán Miguéns Vázquez.

DNI: *****795A.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Medicina Intensiva.

Nome e apelidos: Víctor José López Ciudad.

DNI: *****031Q.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Pneumoloxía.

Nome e apelidos: José Abal Arca.

DNI: *****629S.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.