Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 24 de abril de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á ocupación de edificación destinada a centro de formación marítima, de prevención de riscos e de seguridade no dominio público portuario da Pobra do Caramiñal, solicitada polo Servizo de Formación Galego e Salvamento, S.L. (expediente 12-50-18-C-2).

Estase a tramitar unha concesión administrativa a favor do Servizo de Formación Galego e Salvamento, S.L., ocupación de edificación destinada a centro de formación marítima, de prevención de riscos e seguridade, no dominio público portuario da Pobra do Caramiñal, de acordo co proxecto de actividade e adecuación de nave industrial situada en zona portuaria da Pobra do Caramiñal para destinala a centro de formación, redactado en febreiro de 2018 polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Dios Tomé, ademais dun plano de confrontación.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 24 de abril de 2018

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro