Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27794

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (141/2017).

Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fai saber que Berta Vidal Gallego maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón ditou sentenza o 11 de setembro de 2017, nos autos de xuízo sobre delitos leves nº 141/2017, contra Ángel José Jiménez Correa.

Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións en Secretaría á disposición das partes.

De conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente edicto notifícaselle a Ángel José Jiménez Correa, en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se lle fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 10 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza