Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27847

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público do ano 2017.

No Diario Oficial de Galicia núm. 228, do 30 de novembro de 2017, publicouse anuncio da oferta de emprego público da Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2017.

Advertido un erro na denominación dunha praza, ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a súa rectificación. Onde di: «Enxeñeiro/a de xeomática e xeometría», debe dicir: «Enxeñeiro/a de xeomática e topografía».

Pontevedra, 29 de maio de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réxime interior