Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 5 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución de recurso de alzada (expediente BS626F27057002715).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase mediante este edicto a notificación da resolución do recurso de alzada presentado pola persoa interesada relacionada no anexo ao ser devolta polo servizo de Correos, para os efectos de que no prazo de un (1) mes desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada.

Advírtese que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou potestativamente, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso de reposición no prazo de un (1) mes desde o día seguinte á súa notificación ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Lugo, 5 de abril de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución data

Morales Villamizar, Lina Betty

X2315748Q

BS626F27057002715

Recurso desestimado 5.2.2018