O 9 de maio de 2018 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-LU-156/2017 (IN635A 2017/81-2) interposto por Yocasta Rafaela Méndez Méndez.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Yocasta Rafaela Méndez Méndez a resolución antes referida.
A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ou a traves do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).
Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria