Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, no concello de Ourense (clave OU/16/247.06).

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo acordou efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións correspondentes ao expediente de expropiación forzosa instruído para o proxecto de mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06, no concello de Ourense, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado o certificado da titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase o acto de formalización das actas de ocupación, que terá lugar:

Termo municipal de Ourense.

Lugar: local social Asociación de Veciños de San Breixo de Seixalbo.

Data: 29 de xuño de 2018, desde as dez horas trinta minutos ata as once horas.

Ao dito acto poderán acudir os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso; deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a titularidade do predio ou dereito e tamén a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e identificarse co documento nacional de identidade ou, na súa falta, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

No mesmo acto ofertaránselles ás persoas interesadas as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

Ourense, 18 de maio de 2018

O xefe do Servizo Provincial de Ourense
P.S. (Resolución SXT 20.7.2015)
Uxío Solla Fontán
Enxeñeiro F.F.