Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27791

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de maio de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para á Área de Subministracións-Compras da Dirección de Recursos Económicos desta xerencia.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, a xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para a Área de Subministracións-Compras da Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e poderán presentarse no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito na travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos rexistros previstos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quinte (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela