Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de maio de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de aceptación de renuncia e liquidación de vivendas de protección oficial de promoción pública.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos actos obxecto de notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de maio de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

PO36SAREB039, cta.1

Mª del Carmen Martínez Sánchez

...403 C

Liquidación de vivenda

PO36SAREB039, cta.1

Mª del Carmen Martínez Sánchez

...403 C

Resolución aceptación renuncia

PO-2001/NR01, cta.58

Laura Carreira Varela

...278 K

Resolución aceptación renuncia