Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica e de atención diúrna terapéutica de media estadía para persoas con discapacidade física no concello de Mos e limítrofes (Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Vigo). Tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 66-2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación por procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica e de atención diúrna terapéutica de media estadía para persoas con discapacidade física no concello de Mos e limítrofes (Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Vigo). Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 66-2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241969

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapeútica e de atención diúrna terapéutica de media estadía para persoas con discapacidade física no concello de Mos e limítrofes (Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Vigo).

c) CPV: 85320000 servizos de asistencia social.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de xaneiro de 2018.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 343.658,80 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Fecha: 27 de abril de 2018.

b) Contratista: Cogami.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 212.502,50 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social