Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 24 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/0183-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, ditada no procedemento 86/2017, polo accidente laboral do traballador Bernardino Mamani Villanueva.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase a resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (30.7.2015).

– Escrito de alegacións (13.8.2015).

– Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2015/0183-4.

Acta núm. I362015000049647.

Empresa: Impermeabilizaciones Mafergo, S.L.

NIF/DNI: B-36855476.

Enderezo: r/ Ramiro Pascual, 13 EN; Vigo.

Vigo, 24 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo