Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (21/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 21/2018, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Esmorís contra Evan Mobility, S.A. e Govan Metalúrgica, S.L., sobre fin de contrato laboral, se ditou sentenza número 28/2018, do 7 de maio, pola que se admite a demanda presentada.

Contra a dita sentenza cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Govan Metalúrgica, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza