Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27156

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, que completa con inclusión de convenios non incluídos na anterior publicación, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no pirmeiro cuadrimestre de 2018

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da UDC.

Engadir nova titulación para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da UDC.

30.1.2018

Sen custo

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

Engadir nova titulación para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

8.2.2018

Sen custo

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.

Engadir nova titulación para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.4.2018

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autonoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Ourense para regular a transmisión da titularidade dunha parcela e a construción nela dun centro residencial e de atención diúrna para persoas con discapacidade.

A colaboración para a cesión dunha parcela e a construción nela dun centro residencial e de atención diúrna para persoas con discapacidade.

16.4.2018

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia poidan acceder ao Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias a través das liñas de actuación máis axeitadas segundo sexa o seu caso.

26.3.2018

94.047,81 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela, no desenvolvemento dun programa de captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Arela, para o financiamento dun programa dirixido á captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con menores que teñan que cumprir unha medida de convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, posibilitando o mantemento dunha rede que permita, en todo momento, a execución das medidas deste tipo que diten os xulgados de menores da Coruña e Pontevedra.

2.4.2018

27.150,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do Programa de integración familiar.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do Programa de integración familiar nas catro provincias da Comunidade Autónoma, levando a cabo unha intervención integral coas familias e cos nenos e nenas participantes no programa.

18.4.2018

443.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que desenvolve o Programa vacacións en paz 2018.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do Programa vacacións en paz 2018, que ten como obxectivo xeral trasladar 84 nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas.

30.4.2018

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos do Programa de persoas maiores nos centros de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Desenvolvemento do Programa de persoas maiores da obra social La Caixa nos centros sociocomunitarios de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende una serie de actuacións dirixidas a impulsar un estilo de vida activo para contribuír ao benestar das persoas maiores e previr situacións non desexadas: actividades, obradoiros e proxectos para promover a autonomía das persoas maiores.

27.2.2018

Sen custo