De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas que figuran no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar.
No prazo de dez días desde o día seguinte ao da publicación do edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán comparecer persoal ou debidamente representados nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo.
Contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes desde a súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 5 de abril de 2018
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Apelidos e nome |
DNI/NIE |
Nº expte. |
Resolución data |
Castro Candal, Iván |
33559505K |
BS618D27007000817 |
Denegación 7.2.2018 |
Hurtado Naranjo, Mónica Viviana |
Y5284463C |
BS618D27028024017 |
Denegación 28.11.2017 |
Montoya Gabarre, María |
34882372C |
BS618D27066003317 |
Denegación 13.12.2017 |
Moreiras Martín, Andrea |
53523551K |
BS618D27902001617 |
Denegación 27.11.2017 |
Moumni, Mohammed |
X9057176Y |
BS618D27028012217 |
Desistencia 19.2.2018 |
Orosa Álvarez, Edmundo Fernando |
33998299K |
BS618D27038000117 |
Denegación 27.12.2017 |
Saavedra Río, Sandra |
33338827M |
BS618D27028026017 |
Denegación 7.2.2018 |