BDNS (Identif.): 400922.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Segundo. Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR 341Q).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse tres millóns de euros (3.000.000 €).
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A aplicación informática da sede electrónica estará dispoñible desde as 9.00 horas do día seguinte ao da súa publicación no DOG ata as 23.59 horas do día de finalización do prazo.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria