Expediente: IN407A 2017/140-1.
Promotora: Sucesores de Manuel Leira, S.L.
Denominación da instalación: LMTS, CT Os Castaños, CT Pinamar e CT Pinamar.
Concello: Cabanas.
Feitos:
1. O 14 de setembro de 2017 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 21 de novembro de 2017 e no BOP do 31 de outubro de 2017.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
CTC Pinamar: centro de transformación interior prefabricado CT Pinamar, incluíndo dúas celas de entrada/saída de liña motorizadas e unha cela de protección para un transformador de 400 kVA, coa finalidade de subministrar os servizos auxiliares do edificio e a conexión de rede de baixa tensión de distribución, no lugar dos Castaños, no concello de Cabanas.
Liña soterrada, a 15 kV en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) mm2 AI, dunha lonxitude de 55 metros, coa orixe na cela de liña do centro de transformación CT Os Castaños e final na cela de liña do CT Pinamar.
CTC Os Castaños: montaxe de 1 cela de entrada/saída de liña motorizada.
O orzamento da instalación segundo proxecto é de 40.403,25 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións se procede.
• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbera, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 2 de maio de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña