Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27086

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ACORDO do 25 de maio de 2018, do tribunal cualificador designado para a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar do exame práctico.

En reunión do día 21 de maio de 2018, o tribunal cualificador designado pola Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, para a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, adoptou o seguinte acordo:

Único. Consonte o establecido na base oitava da Resolución do 4 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán as probas para obter o certificado de capacitación para o adestramento de cans para a garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a data fixada para o exame práctico será o día 20 de xuño de 2018, no Refuxio de Animais de Bando (15/078/0088/CR), sito en Zarramacedo, s/n, Bando, 15703 Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que superaron o exame teórico deberán presentarse acompañadas do documento nacional de identidade orixinal e en vigor, ou con outro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, no lugar do exame nas horas que se indican a continuación:

Apelidos e nome

Hora do exame

Abad Rivera, Iria

9.00 horas

Fernández Alonso, Roberto José

9.30 horas

Lama Pérez, Leticia

10.00 horas

Lorenzo Caamaño, David

10.30 hoas

Mourelo Arias, María

11.00 horas

Pallas López, Daniel

11.30 horas

Sánchez Rodal, Juan Francisco

12.00 horas

Santamaría Facal, Susana

12.30 horas

As persoas aspirantes poderán utilizar material propio para o desenvolvemento dos exercicios de obediencia e modificación de conduta con cans.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Susana Cuesta Fariña
Presidenta do tribunal cualificador