Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27168

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Galega da Construción para o intercambio de información en materia de contratación pública e do sector da construción civil.

10.320,00

6.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sober para a mellora da seguridade vial en dúas vías locais.

79.745,80

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Bóveda para o acondicionamento do camiño local desde a estrada de Ribas Pequenas ata Bóveda.

58.513,33

27.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilamarín para garantir a seguridade viaria na travesía e núcleo de Portamieiro na OU-901.

198.920,98

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Veiga para a mellora do firme na estrada A Veiga-Seoane. 1ª fase.

272.531,31

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sarreaus para a urbanización de praza e rúas da contorna.

161.396,26

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Consorcio dos Peares para a pavimentación de accesos á estación de ferrocarril e ampliación do paseo na marxe dereita do río Miño nos Peares.

295.100,00

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Larouco para o acondicionamento da rúa da Capela en Freixido.

60.000,00

12.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Gudiña para a reforma e acondicionamento da rúa Maior.

59.875,14

14.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pontedeva para realizar as obras necesarias básicas para a urbanización do núcleo rural de Trado.

191.402,36

25.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Leiro para o acondicionamento dun treito da rúa Casanova e da rúa do centro cívico.

118.671,48

23.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilanova de Arousa para garantir a seguridade viaria en viais de titularidad municipal mediante a renovación da sinalización horizontal e vertical.

59.809,80

21.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a urbanización da rúa Progreso (PO-308).

1.804.174,85

22.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da PO-546 humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e rúa Real de Cantodarea. Marín.

1.292.108,81

28.3.2018