1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica, e soporte especializado do sistema integral de xestión da Asesoría Xurídica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 4 de xaneiro de 2018.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
4. Valor estimado do contrato: 201.600,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 100.800,00 € máis 21.168,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 121.968,00 € (cento vinte e un mil novecentos sesenta e oito euros).
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2018.
c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.
d) Importe de adxudicación: 90.000,00 € (IVE excluído).
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia