De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.
As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro, e teñen por obxecto a paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos), e a homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Persoas interesadas:
– Darío Suárez Pérez.
– Gimena Beatriz Tuñas Ballejos.