Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27300

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e as puntuacións definitivas no proceso de actualización de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

A norma II.4. da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 20 de setembro de 2016 (DOG núm. 188, do 3 de outubro), pola que se regula o procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria, establece que a inscrición das persoas aspirantes nas listas así como a súa elaboración efectuarase consonte o procedemento regulado nos números II.4.1 e II.4.4 da Resolución do 13 de xuño de 2016, pola que se dispón a publicación do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño) ou disposición equivalente que o substitúa.

Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 52, do 14 de marzo) publicáronse a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria, nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima da Resolución de inicio do prazo de inscrición (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro de 2016),

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e as puntuacións definitivas no proceso de actualización de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor para os efectos de chamamentos o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos