En virtude do establecido no artigo 18.2 dos estatutos da Axencia Galega de Calidade Alimentaria aprobados polo Decreto 52/2018, do 5 de abril, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta e un de maio de dous mil dezaoito,
Nomeo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria a Manuel Rodríguez Vázquez.
Santiago de Compostela, trinta e un de maio de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural