Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (RSE 273/2016).

RSE salarios tramit. cargo Estado 273/2016

Procedemento orixe: /

Sobre salarios tram. cargo Estado

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de salarios de tramit. cargo Estado 273/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Céspedes García contra Secretaría de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno, sobre salarios tram. cargo Estado, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte á sentenza do 5.12.2017, declároa firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que foi notificada a Pablo Antonio Céspedes García con data 13.12.2017 e á Secretaria de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno con data 11.12.2017, a Germán Pérez Rubín con data 12.12.2017, a Grialibros, S.L., Grace A. Nobel Sánchez, con data 17.1.2018.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pablo Céspedes García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza