Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26993

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de maio de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) modificada pola Orde do 20 de febreiro de 2018 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base V.1 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta relación de aprobados no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na base V.2 da convocatoria.

Segundo. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal

ANEXO

Promoción interna:

Apelidos e nome

NIF

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

5º ex.

Total

Rodríguez Díaz, Juan José

35312327J

14,69

17,70

21,35

21,67

exento

75,41

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

5º ex.

Total

Gómez Sedes, Marta María

32708153Z

12,37

23,10

20,93

29,33

exenta

85,73

Ramos Pena, Marta

44825569H

14,81

20,70

17,71

31,67

exenta

84,89

Alonso de Abel, Rebeca

34267041P

13,62

15,00

17,48

32,67

exenta

78,77