Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.
Pontevedra, 18 de maio de 2018
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: 13900.
Interesado/a: Nazir—, Teskeen.
DNI/NIE/PAS: Y5590255G.
Último enderezo coñecido: rúa Lepanto, 13, 2º C, 36201 Vigo.
Nº expediente: 13952.
Interesado/a: Kasaeva —, Madina.
DNI/NIE/PAS: Y6129535A.
Último enderezo coñecido: avda. Rodrigo de Mendoza, 1, 2º B, 36600 Vilagarcía de Arousa.
Nº expediente: 13955.
Interesado/a: Otiashvili —, Tato.
DNI/NIE/PAS: Y6330305Z.
(Representante: Kasaeva —, Madina; DNI/NIE/PAS: Y6129535A).
Último enderezo coñecido: avda. Rodrigo de Mendoza, 1, 2º B, 36600 Vilagarcía de Arousa.