Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26997

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 16 de maio de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xestión Integrada de Vigo.

Mediante a Orde desta consellería do 3 de abril de 2018 (DOG núm. 69, do 10 de abril) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de persoal directivo na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 3 de abril de 2018 (DOG núm. 69, do 10 de abril) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: María del Mar Vázquez Salvado.

DNI (*): *****840M.

Posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Nome e apelidos: Esther Casal Rodríguez.

DNI (*): *****699D.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Reyes Díaz Lambarri.

DNI (*): *****206E.

ANEXO II

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: Ciro Andrés Cabezas Checchi.

DNI (*): *****113X.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.