Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26833

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se lle dá publicidade á modificación dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

Resolución do 27 de marzo de 2018 pola que se modifica a encomenda de xestión do servizo técnico cualificado para a xestión da tramitación técnica e administrativa dos expedientes de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa:

– Actividade. Servizo técnico cualificado para a colaboración e auxilio na xestión técnica e administrativa no ámbito da área de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia. Ata o 31 de xullo de 2018.

– Financiamento. Non se modifica o importe da encomenda de xestión.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia