Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26936

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2018 por esta fundación.

Data
sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

8.1.2018

0,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do máster de Servizos Culturais.

25.1.2018

0,00 €

Convenio de colaboración para a celebración da exposición «Galicia Universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación» no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia desde o 16 de marzo ao 14 de outubro de 2018.

2.2.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Salamanca e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para promover a itinerancia da exposición «José Suárez. Uns ollos vivos que pensan» para a súa exhibición en Sala Hospedería Fonseca (Salamanca) entre o 12 de febreiro de 2018 e o 8 de abril de 2018, no marco da celebración do VIII Centenario da Universidade de Salamanca.

12.3.2018

0,00 €

Convenio de colaboración para a realización do «Fever Fest» na Cidade da Cultura de Galicia.

12.3.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundació Privada Banc Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo del VIII Encontro de Artistas Novos.

26.3.2018

0,00 €

Convenio de colaboración para a realización do «Campionato do mundo de xadrez das categorías Sub-8 a Sub-12» na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia