Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para coñecemento xeral, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia.

A) Disolucións:

a) Agro-Laia, SAT nº 944 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 11 de abril de 2018.

b) Río Mera, SAT nº 998 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 7 de abril de 2018.

c) Lola, SAT nº 1030 XUGA, disolta por acordo da asemblea xeral do 11 de febreiro de 2018.

d) Santiso, SAT nº 1127 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de marzo de 2018.

B) Cancelacións:

a) Río Mera, SAT nº 998 XUGA, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 8 de abril de 2018.

b) Xoios, SAT nº 1041 XUGA, cancelada de oficio o 13 de marzo de 2018, consonte o artigo 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, logo de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución acordada na asemblea xeral do 3 de marzo de 2017.

c) Santiso, SAT nº 1127 XUGA, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de marzo de 2018.

d) Ferto, SAT nº 1168 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Finca Ferto, S.L.U., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de decembro de 2017, elevado a público o 23 de xaneiro de 2018.

e) Pedrón A Ponte, SAT nº 1273 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Pedrón A Ponte, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 21 de decembro de 2017, elevado a público o 28 de decembro de 2017.

f) Vázquez Brey, SAT nº 1290 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Explotacións Vázquez Brey, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 8 de febreiro de 2018, celebrada ante notario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias